Seminario de Scratch Vigo

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Sede Afundación

Policarpo Sanz, 26

36202 Vigo

Spain

Ver mapa

Descripción del evento

Descripción

Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 7 de outubro un seminario de Scratch no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Diríxese fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da informática a través de Scratch.

A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os nenos se sintan atraídos cara a programación informática, de xeito que esta actividade organizada polo colexio non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.

Ademais, de xeito parello, levarase a cabo unha acción formativa en “Scratch” destinada ao profesorado.

¿Hai algún requisito para asistir al evento?

Para o taller de rapaces, estes deberán ter entre 7 e 15 anos e virán acompañados dun adulto.

¿Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?

Non.

¿É preciso traer algo?

Sí, debes traer o teu portátil (non serven tablets ou smartphones).

¿Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?

Por correo (eventos@cpetig.org) ou no teléfono 630.778.003

¿Como accedo á sede de Afundacion?

Ver ubicación

Fecha y hora

Ubicación

Sede Afundación

Policarpo Sanz, 26

36202 Vigo

Spain

Ver mapa

Guarda este evento

Evento guardado