X Scratch Day - 2025
Recién añadido

X Scratch Day - 2025

Por CPETIG

X edición do ScratchDay levarase a cabo o vindeiro 18 de outubro na Cidade da Cultura. Destinada a rapazada de 7 a 15 anos e profesorado.

Fecha y hora

Ubicación

Cidade da Cultura de Galicia

s/n Monte Gaiás 15707 Santiago de Compostela Spain

Good to know

Highlights

  • 5 hours
  • In person

Acerca de este evento

Science & Tech • Science

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), grazas ao convenio de colaboración que mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), desenvolverá unha nova edición do programa Scratch Day.

A iniciativa busca derrubar mitos en torno á programación informática e espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás.

Esta nova xornada de aprendizaxe e diversión, que se celebrará o vindeiro 18 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia (Edificio Centro de Emprendemento Creativo - CEM, Sala Eisenman), está destinada a rapazada de entre 7 e 15 anos e os seus pais ou nais, así como ao profesorado ou responsables dos centros interesados en introducir o Scratch na docencia, co obxectivo de incentivar a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas.

Nesta edición os participantes nas xornadas, coma novidade, terán unha introdución á IA da man de Scratch.

¿Hai algún requisito para asistir al evento?

Para o taller de rapaces, estes deberán ter entre 7 e 15 anos e virán acompañados dun adulto.

¿Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?

É recomendable (non indispensable) que os asistentes estean familiarizados coa contorna de Scratch.

¿É preciso traer algo?

Sí, debes traer o teu portátil. Recoméndase tamén traer auriculares / cascos

O portátil preferiblemente cos seguintes programas instalados:

¿Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?

Por correo (eventos@cpetig.gal) ou no teléfono 981.969.354

Organizador

CPETIG

Seguidores

--

Eventos

--

Hospedaje

--

Gratis
oct 18 · 09:00 GMT+2