XI Scratch Day - 2026

XI Scratch Day - 2026

Información general

XI edición do ScratchDay levarase a cabo o vindeiro 10 de outubro na Cidade da Cultura. Destinada a rapazada de 7 a 15 anos.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), grazas ao convenio de colaboración que mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), desenvolverá unha nova edición do programa Scratch Day.

A iniciativa busca derrubar mitos en torno á programación informática e espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás.

Esta nova xornada de aprendizaxe e diversión, que se celebrará o vindeiro 10 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia (Salón de convencións - Edificio CINC), está destinada a rapazada de entre 7 e 15 anos e os seus pais ou nais, co obxectivo de incentivar a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas.

Nesta edición os participantes nas xornadas, tratarán a programación dun videoxogo arcade, montaxe dun ventilador e deseño e programación dun vehículo intelixente que reacciona á luz, ao son ou aos obstáculos.

¿Hai algún requisito para asistir al evento?

Para o taller de rapaces, estes deberán ter entre 7 e 15 anos e virán acompañados dun adulto.

¿Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?

É recomendable (non indispensable) que os asistentes estean familiarizados coa contorna de Scratch.

¿É preciso traer algo?

Sí, debes traer o teu portátil. Recoméndase tamén traer auriculares / cascos

O portátil preferiblemente cos seguintes programas instalados:

¿Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?

Por correo (eventos@cpetig.gal) ou no teléfono 981.969.354

Información útil

Puntos destacados

  • 5 horas
  • En persona

Ubicación

Cidade da Cultura de Galicia

s/n Monte Gaiás

15707 Santiago de Compostela

Map
Organizador
Denunciar este evento

Más eventos de CPETIG

Descubre más eventos de CPETIG, desde Ciencia y tecnología hasta otras experiencias que te encantarán.