16,86 € – 33,50 €

Información sobre el evento

Comparte este evento

Fecha y hora

Ubicación

Ubicación

Santiago de Compostela

Auditorio de Galicia · Sala Mozart

Avda. Burgo das Nacións, S/N

15704 Santiago de Compostela

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

Política de reembolso

Contacta con el organizador para solicitar un reembolso.

La tarifa de Eventbrite no es reembolsable.

Descripción del evento

Descripción

Máis información: dag.gal/feed2019

Celebramos a 5ª edición do Foro bianual FEED para dar a coñecer e compartir as experiencias de profesionais do deseño, tanto galegos como de ámbito nacional, que buscan a diferenciación para chegar a un público cada vez máis esixente e con necesidades máis personalizadas. Proxectos de deseño gráfico, deseño de produto, deseño dixital, deseño de estratexia ou deseño de servizos, e a presenza de estudantes de diferentes Escolas de Deseño de Galicia, completan un programa que busca a participación e o intercambio de coñecemento en prol dunha mellor integración do deseño na sociedade actual.

Dous días con talleres formativos nas xornadas de mañá e conferencias e presentacións de proxectos nas xornadas de tarde, onde contaremos coa presenza de Artur Galocha, que amosará a evolución do seu traballo e impartirá o primeiro obradoiro de deseño editorial; a deseñadora de tipografías María Ramos, que fará un percorrido pola tipografía contemporánea e falará dos procesos creativos neste campo; e Carmen Lanza, experta en deseño de espazos interactivos en empresas de ámbito internacional. Pechamos o primeiro día coa presentación de proxectos fin de curso dos futuros deseñadores galegos.

O sábado abrimos a xornada co obradoiro de deseño dixital dirixido por Danny Saltaren. Pola tarde agárdanos Rocío Martinavarro, que falará sobre a internacionalización de marcas presentes en diferentes países; Anxo López, que expoñerá a súa experiencia como deseñador de servizos e de como o deseño proporciona ese valor de diferenciación; Sara Regal, que amosará o traballo que desenvolve con lixo e refugallos; e Dani Bembibre e David Silvosa, que falarán de ideas, proxectos, hipóteses e acrobacias do que é hoxe en día o deseño. Pechamos o segundo día do FEED coa intervención de Teresa Jular como presidenta da Rede Española de Asociacións de Deseño (READ).

* Se estás desempregado ou desempregada e queres participar do FEED, envía un email a info@dag.gal e xa che indicamos o procedemento para adquirir o código desconto que tes que aplicar na compra das entradas.

Comparte con tus amigos

Fecha y hora

Ubicación

Santiago de Compostela

Auditorio de Galicia · Sala Mozart

Avda. Burgo das Nacións, S/N

15704 Santiago de Compostela

Spain

Ver mapa

Política de reembolso

Contacta con el organizador para solicitar un reembolso.

La tarifa de Eventbrite no es reembolsable.

Guarda este evento

Evento guardado