Tashi Wada Group feat. Julia Holter & Corey Fogel | Festival Sinsal Primave...
Información sobre el evento
Descripción
Tashi Wada Group feat. Julia Holter & Corey Foge | Festival Sinsal Primavera 2019
O compositor residente en Los Ángeles Tashi Wada presenta a súa nova formación en colaboración con Julia Holter e o percusionista Corey Fogel. Xuntos interpretan o último disco de Wada: “Nue”, publicado o pasado outono no selo de Brooklyn RVNG Intl. En xaponés -Tashi é fillo do artista sonoro nipón residente en San Francisco Yosi Wada, que forma parte deste disco- “Nue” é unha criatura mitolóxica coa cara dun mono, as patas dun tigre e a cola dunha serpe. En francés, “nue”significa espido -carente de complexidade, desnudo, exposto pero tamén algo en bruto, esencial. Esta dualidade é a base de “Nue”. Editado nas series de proxectos interxeracionais de RVNG Intl. , esta colaboración inclúe desde gaitas minimalistas até voces sobrenaturais., creando, segundo Wada, “unha visión, unha noite de soños sen fin, e un tipo de historia persoal, chea de praceres e demos”.
Tashi Wada
Os seus traballos exploran matices harmónicos, resonancia e disonancia a través dunha afinación precisa e cambios graduais no ton. Criado na convicción de que “ a música ten que ser tan directa como sexa posible”, as súas composicións usan aparentemente estruturas simples para xerar ricos e inesperados efectos de percepción. No seu traballo no marco da música experimental americana, música microtonal e a chamada música drone, a práctica de Wada está influída tamén polo movemento Fluxus e a súa interdisciplinariedade.
Julia Holter
Julia Holter é unha compositora e intérprete residente en Los Ángeles. O seu interese nos misterios da atmosfera sonora levouna a gravar en diferentes escenarios—a súa casa, exteriores e en estudios de gravación—, así como a tocar en directo, centrada habitualmente na voz. Para Sinsalaudio é un pracer volver a traballar cunha artista, que puidemos disfrutar por útima vez en Vigo, co seu propio proxecto, en 2012.
Corey Fogel
Corey Marc Fogel é n percusionista e performer que actualmente vive en Los Angeles. O seu traballo percorre os recursos do rock, jazz, noise, folk, e música de cámara. O seu traballo en solitario baséase en encontros espontáneos con sons, obxectos, personalidades, comida...e en disciplinas como o video, a danza e a instalación.