Curso de Informática Forense

Curso de Informática Forense

O CPETIG organiza este Curso de Informática Forense, cunha duración de 9 horas

Por CPETIG

Fecha y hora

Empieza el vie, 6 jun 2025 16:30 CEST

Ubicación

Edificio Fontán

Cidade da Cultura Sala 9 15702 Santiago de Compostela Spain

Política de reembolso

Refunds up to 7 days before event

Agenda

06/Xuño/2025
07/Xuño/2025

4:30 PM - 5:00 PM

Primeira sesión: TAP

Juan Luís Miguéns

5:00 PM - 9:00 PM

Segunda sesión: Normativa Procesal e Sustantiva da pericial Tecnolóxica

Victor Salgado

Acerca de este evento

  • El evento dura 21 horas 30 minutos

OBXETIVOS

  • Coñecer o marco xurídico sobre o que se sustenta o labor do perito.
  • Coñecer as técnicas necesarias para adquirir e preservar evidencias dixitais.
  • Coñecer os conceptos teóricos en que se basea unha análise forense.
  • Adquirir os coñecementos necesarios para a análise das evidencias contidas en medios dixitais.
  • Saber como redactar un Informe Pericial baseado na análise forense das evidencias dixitais.
  • Saber como redactar un informe contrapericial.
  • Saber como expresar as conclusións alcanzadas tras unha análise forense.
  • Defensa do informe pericial e contrapericial en sede xudicial

DESTINATARIOS

  • Peritos Informáticos.
  • Responsables de seguridade TIC.
  • Persoal das oficinas de seguridade.
  • Auditores internos ou externos.
  • Profesionais da Enxeñaría T. Informática interesados en adquirir coñecementos en análise de evidencias dixitáis.

MATRÍCULA

  • Ordinaria: 100 €
  • Precolexiados e colexiados de enxeñaría técnica e enxeñaría en informática, consulta no teu Colexio o código de desconto.
  • Coléxiate no CPETIG e benefíciate do desconto para colexiados.

AXENDA DO CURSO

O curso terá lugar en un fin de semana. Impartirase na Sala 9 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia co seguinte horario:

  • Venres 06/06/2025: 16:30h a 21:00h.
  • Sábado 07/06/2025: 09:30h a 14:00h.

FORMADORES

A formación correrá a cargo de docentes, profesionais no campo xurídico e tecnolóxico. O curso será impartido por:

  • Victor Salgado (Socio-Manager en Pintos & Salgado Abogados, S.C.)
  • Carlos Vila (Perito e Socio de 3inLab Informática Forense.)
  • Juan Luís Miguéns (Coordinador do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG).

CONTIDO

Venres. Primeira Sesión

  • Modelo de Informe Pericial.
  • Que é o TAP.
  • Cómo se cobra e factura o servizo que presta o CPETIG.
  • Exemplos e casos reais.

Venres. Segunda Sesión

PARTE 1: NORMATIVA PROCESAL PERICIAL

  • A Proba pericial: ámbito, obxecto e finalidade.
  • A súa incorporación no proceso penal e civil.
  • O Perito: Condicións e requisitos legais. Especial referencia ao perito informático. Proposición da proba pericial: a instancia de parte e designación xudicial. Aceptación do cargo, nomeamento e provisión de fondos. A intervención do perito no Xulgado. A responsabilidade do perito.
  • El Informe Pericial: Requisitos, estrutura e importancia do informe pericial nas decisións xudiciais.
  • Principais novidades da reforma da LECrim: as novas medidas de investigación tecnolóxica.
  • Aspectos prácticos: Casos típicos e exemplos que se poden encargar ao perito. Relación co cliente: o que el quere vs o que se pode facer. Relación co avogado: o “ desencriptado” xerga legal–xerga técnica e viceversa. Que dicir e como expresarse no xulgado. Que quere o xuíz. Como eludir os “nervios” e pregúntas trampa das partes. Onde están os límites? Como non xogarlla no informe e na súa defensa oral. A provisión de fondos e a “minuta” Cando e como facturar?

PARTE 2: NORMATIVA SUSTANTIVA DA PERICIAL TECNOLÓXICA

  • Introdución e ámbitos xerais regulados polo Dereito TIC
  • Protección de Datos Persoais: Base Xurídica: o RGPD e a LOPDGDD. Definicións, responsables e obrigas básicas. Principios e medidas de seguridade.
  • Comercio Electrónico: Base Xurídica: a LSSI. Responsabilidade de Intermediarios e prestadores. Publicidade na internet: o SPAM. Contratación electrónica.
  • Sinatura Electrónica: Base Xurídica: o Regulamento eIDAS e a LSEC. Concepto e tipos de Sinatura.
  • Propiedade Intelectual: Base Xurídica: a LPI. Concepto e obxectos de protección. Dereitos morais e patrimoniais. Protección do Software.
  • Delitos Tecnolóxicos: Base Xurídica: Código penal. Concepto e tipo. Delitos de defraudación electrónica, danos informáticos, violación da intimidade, “piratería” etc..

Sábado. Sesión da mañá

  • Introdución á peritaxe informática
  • Ciberdelitos, informática forense e resposta ante incidentes
  • Funcións e resposabilidades do perito
  • Tipo de peritaxes (Xestión, Taxación, Forense, Mediación etc.)
  • Metodoloxía: Identificación, adquisición, preservación e análise de evidencias
  • Confección dun informe pericial
  • Casos reais ratificados en sede xudicial
  • Casos práctico adquisición forense en dispositivo móbil



Organizador

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia é unha corporación de dereito público que traballa por organizar, protexer, mellorar e velar por un axeitado exercicio da profesión de Enxeñaría Técnica en Informática..

100 €